Quenes somos
O grupo RNASA-IMEDIR xorde no ano 1991 co obxectivo de levar a cabo traballos e proxectos de investigación relacionados coa Intelixencia Artificial, especialmente na Área de Sistemas Conexionistas, aplicando as Redes de Neuronas Artificiales á resolución de problemas complexos do mundo real, e abarcando, sobre todo, o ámbito da medicina.
O grupo créase aproveitando a formación do seu fundador e director, o Profesor Doutor Don Alejandro Celestino Pazos Sierra, Licenciado en Medicina e Ciruxía Xeral pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Enxeñaría do Coñecmento pola Universidade Politécnica de Madrid, Doutor en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Enxeñaría Informática pola Universidade Politécnica de Madrid. Durante a traxectoria do grupo, varios dos seus membros colaboraron con distintos Laboratorios e Institutos de recoñecido prestixio como o GNU Lab de Georgia Tech en Atlanta (USA), o Decision System Group de Harvard Medical School en Boston (USA), o College of Computing do Georgia Institute of TEchnology, a Univ. Hull, etc.
Grazas á obtención de fondos das distintas administracións públicas e contratos con empresas para o desenvolvemento de diversos proxectos, o grupo experimenta un constante crecemento, tanto en recursos humanos como materiais. Así, en 1998, grazas á obtención de fondos por parte da Unión Europea (FEDER), o grupo únese ao grupo de investigación da Área de Radioloxía e Medicina Física da UDC dirixido polo catedrático da Área de Radioloxía e Medicina Física Jorge Teijeiro Vidal, creando o que posteriormente sería o ‘Laboratorio de Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico (IMEDIR)’, o cal permite ao grupo especializarse no desenvolvemento de aplicacións informáticas en Biomedicina. No ano 2000, e debido aos logros obtidos polo grupo e ao constante crecemento do mesme, este é catalogado pola Xunta de Galicia segundo os Criterios do Plan Galego de IDT, como Grupo de Investigación de Excelencia.
Liñas de investigación
- Liña de Tecnoloxía asistencial. TICs en saúde e envellecemento activo. IP: Alejandro Pazos Sierra
- Liña de Ontoloxías. IP: Jose Manuel Vázquez Naya
- Liña de Modelización Computacional Conexionista: Intelixencia Artificia e Neurociencia. IP: Ana Belén Porto Pazos
- Liña de Aplicacións prácticas de Machine Learning. IP: Daniel Rivero Cebrián
- Liña de Teleformación e deseños tecnolóxicos. IP: Nieves Pedreira Souto
- Liña de Computación creativa e estética computacional. IP: Juan Jesús Romero Cardalda
- Liña de Intelixencia Artificial en Enxeñaría Civil. IP: Juan Ramón Rabuñal
- Liña de Seguridade e Protección da Información. IP: Nino Sanos del Riego
- Liña de Quimioinformática para o descubrimento de fármacos. IP: Cristian R. Munteanu
- Liña de Captura, xestión e análisis de datos médicos. Gráficos e procesamento de imaxe. IP: Julián Dorado de la Calle