O membro do grupo RNASA-IMEDIR (UDC) Cristian R. Munteanu formou parte do evento “La importancia de los Datos y la Inteligencia Artificial como factor clave en la transformación de la medicina”, organizado pola Fundación Bamberg e que tivo lugar o pasado 29 de marzo. O obxectivo de dito evento foi afondar no papel que teñen os datos e a Intelixencia Artificial na transformación da Medicina actual.
Cristian estivo presente na 1ª sesión deste evento, que levaba como título: ¿En qué situación estamos? ¿Cuál es el estado del arte? ¿Cómo vemos el futuro a cinco años? Nesta, expuxo que o 37 % dos profesionais sanitarios en Estados Unidos afirman sufrir ataques informáticos. Ademáis, un 32 % destos fenómenos son de secuestro de datos (Ransomware). Tamén expuxo a importancia das redes de neuronas xunto con patróns homomórficos, co obxectivo de realizar prognósticos eficaces en mediciña, sin que os pacentes perdan a titularidade dos seus datos.