Desde o 27 ao 29 de maio, celebráronse en Sevilla as “IX Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade” (JNIC), organizadas polo INCIBE en colaboración coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática e a Universidade de Sevilla. Nestes encontros, presentaron os seus resultados os investigadores do CITIC Rubén Pérez Jove e David Soler García, pertencentes aos grupos RNASA-IMEDIR e LIA2, respectivamente.
Rubén Pérez presentou o traballo “Towards TabTransformer-based Operating System Fingerprinting: A Preliminary Approach using the Nmap Database”, realizado en colaboración cos seus directores de tese, Jose Vázquez Naya e Alejandro Pazos. Durante a súa ponencia, presentou os últimos resultados da súa investigación centrada na aplicación de novos métodos de Intelixencia Artificial (IA) á ciberseguridade, concretamente ao fingerprinting de sistemas operativos. Esta técnica permite a identificación da familia e versión do sistema operativo dun dispositivo a partir do tráfico de rede, unha tarefa fundamental no campo da seguridade de rede.