O xornal El Correo Gallego publicou un artigo no cal expuxo a traxectoria do coordinador do grupo RNASA-IMEDIR (UDC), Alejandro Pazos Sierra, no mundo da investigación e como se converteu nun dos pioneiros da Intelixencia Artificial, sendo este un dos autores do primeiro libro en castelán que trata en exclusiva sobre a materia. Por todos os logros conseguidos ao longo da súa carreira como investigador durante máis de 30 anos, o xornal dedicoulle tamén o cadro de honra.

Podes acceder ao PDF da noticia facendo clic na seguinte ligazón ou acceder á versión dixital a través de El Correo Gallego.