A proba piloto do proxecto Geria-TIC xa está en marcha en DomusVI Geriatros Oleiros e DomusVi Geriatros Carballo. Un total de 10 pacientes do primeiro centro e 6 do segundo xa fan uso de pulseras wearables e da plataforma Clep.io que permiten a monitorización da actividade física, do sono e das ocupacións, co obxectivo de estudar a problemática das caídas e a calidade do sono dos participantes.

Este proxecto está impulsado por un consorcio formado polas empresas Geriatros, ALBADA e a Clínica Cobián, o Centro de Investigación TIC da UDC e o Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña, co obxectivo de desenvolver un modelo de medicina participativa con persoas maiores mediante o uso de dispositivos wearables: pulseras de medición de actividade e acelerómetros. Desta forma, preténdese obter melloras na prevención de caídas e na calidade do sono dos usuarios dos centros. No proxecto tamén se aborda a problemática da incontinencia urinaria, cuxa proba piloto se iniciará no centro DomusVi Geriatros de A Cidade en A Coruña.

Investigadores da área de percepción, cognición e interacción do CITIC desenvolveron os aspectos tecnolóxicos e de investigación do proxecto, que permiten realizar un seguimento dos parámetros. Este seguimento levarase a cabo a través da plataforma ClepIO e, ademais de xerar métricas útiles para implementar melloras en cada aspecto, ten como obxectivo crear un novo modelo de prestación de servizos sociosanitarios, no que os residentes tomen conciencia do autocuidado e a responsabilidade na súa propia saúde, facéndoos partícipes do seu benestar, e facendo que os seus familiares poidan estar informados en tempo real do estado e das melloras na saúde dos seus maiores.

O programa Geria-TIC, orzamentado en 765.191 euros, está cofinanciado por GAIN a través do Programa Conecta PEME 2016 e conta con fondos FEDER da Unión Europea. Alcançou a segunda mellor cualificación en toda a comunidade entre as case 200 solicitudes presentadas.