TALENTO. Neste país tan alérxico a apoiar a investigación hai persoas cuxa fe supera á dos vellos buscadores de ouro, unha delas é Alejandro Pazos Sierra. Este catedrático da UDC recibiu onte o Premio Nacional de Informática e Saúde que outorga a Sociedade Española da Saúde, unha distinción que lle chega pola súa dedicación e acerto ao aplicar a intelixencia artificial ao campo da Medicina. No seu discurso deu as grazas aos que o apoian e aos anclaxes emocionais da súa Galicia natal pero non esqueceu deixar claro que a I+D+i necesita apoio constante. E el ben o merece.