Alejandro Pazos Sierra, catedrático da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña (UDC) e académico correspondente da Real Academia de Medicina de Galicia dende o ano 2021, acaba de ser nomeado académico correspondente da Real Academia Nacional de Medicina. A decisión foi tomada na xunta de goberno o pasado martes, día 4 deste mes de xuño, tal e como lle notificou por carta onte o presidente da entidade médica, Eduardo Díaz-Rubio.

Para ver a noticia, pinche aquí